Páginas

lunes, 25 de enero de 2016

ABORDAXE LECTORA

Hoxe fixemos a nosa primeira abordaxe por orde do noso Capitán. Foi unha abordaxe lectora e a nosa pretensión foi compartir con todos os nenos e nenas do cole uns contos que preparamos o longo do primeiro trimestre. Foi unha gran aventura que todos disfrutamos sen dúbida.


http://fabiangallie.esy.es/proxecto/files/abordage/abord/abord.htm

                                 

10 comentarios:

  1. Parecéume unha aventura fantástica porque comprobamos que as nosas historias gustaron moito.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume moi divertido. O mellor foi que fomos disfrazados de piratas. O tema de ir todos á vez e paralizar o cole durante 30 minutos foi un puco raro. Tamén foi moi entretido facer os contos. Foi a actividade que máis me gustou. Anxo Vidal

    ResponderEliminar
  3. A abordaxe lectora está xenial; encantoume! Aprendín a facer un conto en Galego no ordenador e pegarlle debuxos e a portada que elaboramos nun programa chamado Gimp 2. Gustoume moito facelo. Ademais, disfrazámonos de piratas e fomos polas clases a lelo. Tocoume lelo en 6º e proxectáronno na pantalla que teñen na súa clase. Estiven nerviosa ao principio pero logo xa non.
    Laura A

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito, porque cada un fixo o seu conto. Qedaronnos moi bonitos.
    Fomos a ler polas clases, e a min tocoume en 6º. Fomos todos de verdadeiros piratas. Encantoume, espero que o fagamos máis a miúdo .
    Alejandro 5º

    ResponderEliminar
  5. Recomendo que vexades esta nova actividade chamada ABORDAXE LECTORA .
    Parecéume moi bonito facer que os nenos disfruten dos contos que nos fixemos e
    que se animen a facer unha actividade coma esta.
    Espero que vos guste moito!!!

    Julia Rodríguez Rodríguez.

    ResponderEliminar
  6. A min gústame a Abordaxe Lectora porque os nenos das demais clase miran os nosos traballos e tamén aprendemos e usamos a nosa imaxinación. Gustoume moito o de ir disfrazados de Piratas.
    Antía.

    ResponderEliminar
  7. A Abordaxe Lectora foi unha aventura marabillosa. Cada nen@ fixo un conto sobre un pirata e o noso mestre correxíunos. Colgounos na nosa páxina web. Disfrazamos nos de piratas. Cada nen@ trouxo un disfraz; fomos en parella e en tríos a cada clase para lelos .
    Todas as historias estaban moi ben. Ese día paseino moi ben; gustoume moito a actividade.

    Alba

    ResponderEliminar
  8. A abordaxe pareceume moi divertida para os nenos tanto ós grandes como ós pequenos. Saiu moi ben porque nos esforzamos; costounos moito traballo, un trimestre e medio!Os de 4 anos o pasaron moi moi ben porque no meu conto hai unha escena onde loitan e un remata morto.
    Hugo.

    ResponderEliminar
  9. Gustoume porque fomos a ler contos noutras clases e algúns fixeron algo de teatro. O mellor foi o de Laura A de 5º. Eu tamén fixen teatro co meu amigo Hugo. Podedes ler o meu conto no principio deste blogue. Martín :)

    ResponderEliminar