Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Piratas curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Piratas curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de junio de 2016

QUE PENSAMOS DESTE CURSO!


Estas son as aportacións que facemos á nosa revista "XEADA" 2016. Son as nosas conclusións
sobre o que foi este curso, o que aprendemos, as actividades que máis nos gustaron....

miércoles, 25 de mayo de 2016

VISITA Ó FESTIVAL DE CANS

Estivemos vendo curtametraxes e trailers de películas. Veu un técnico de son moi coñecido porque gañou un Goya pola película "El desconocido" Despois visitamos o resto do pobo e un chico explicounos como funciona este festival. Martín





jueves, 12 de mayo de 2016

PLANOS DO NOSO BARCO : "QUENLLA"

http://fabiangallie.esy.es/proyecto/files/Planos%20Quenlla/index.html

Fixemos uns planos do noso barco "Quenlla" na clase de matemáticas. Tivemos que facer un camarote para o noso Capitán, dormitorios,unha cociña, uns baños, un salón cunha biblioteca e unha armería. Traballamos e deixámonos a pel facéndoo. Os nosos barcos tiñan que ter unha eslora de 24m e unha manga de 12m. Divertímonos moito facendoo porque era outra maneira de aprender todo o tema dos planos e escalas do libro. Laura A

LENDAS PIRATAS

http://fabiangallie.esy.es/proyecto/files/Lendas%20piratas/index.html


Fixemos unhas lendas  piratas. Con este traballo divertímonos moito. Ler algunhas delas dá moito medo. Esperamos que vos gusten.

lunes, 9 de mayo de 2016

SAÍDA RÍO LOURO

Saímos, o xoves pasado, a coñecer algunha marabilla do noso contorno, o Río Louro. Acompañounos Salvador. Con el aprendemos a recoñecer os cantos das aves, as diferentes árbores. Tamén nos ensinou varias guías e como utilizalas. Aprendemos con el a respectar o río  e o noso entorno natural. Unha saída moi interesante.

Alba e Noemí






martes, 19 de abril de 2016

GAÑADORES DO NOSO CONCURSO DE PAREADOS PIRATAS

Puxemos a concurso as nosas illas! Os rapaces e rapazas de 1º,2º e 3º tiveron que facer respectivamente un, dous e tres pareados piratas.
Foi moi difícil escoller os mellores traballos de cada curso porque todos estaban moi ben. Noraboa a todos!



1º: NATI


2º: CLOÉ


3º: DIEGO






domingo, 10 de abril de 2016

QUE ENTENDEMOS POR ACOSO?


http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/aulas/curso1516/acosoescolar/index.html

Fai uns días, no mes de Abril, fixemos un pequeno resumo do acoso escolar. Lemos unha nova no xornal, e  falamos e contamos as nosas opinions, o que pasa e como resolvelo. Laura A.

viernes, 1 de abril de 2016

FALAN OS PIRATAS

falan os piratas
Os meus piratas expoñen a súa visión sobre algunhas das actividades que levamos realizadas dende que comezamos a nosa aventura.

martes, 29 de marzo de 2016

CONSTRUIMOS INSTRUMENTOS MUSICAIS DIXITAIS

Hoxe Mateo tivo a amabilidade de vir ao cole para ensinarnos a contruir intrumentos musicais dixitais. Ensinounos como facer música con elementos dixitais, por exemplo altofalantes de radio, cables de crocodilo e un par de moedas. Fixemos 5 experimentos. Todos foronmoi divertidos! Durante unha hora e media traballamos a gusto. Ao final fixemos unha cadea humana e o primeiro e o último colleron un extremo do cable de crocodrilo e o altofante, máxicamente, sonou. Sin dúbida foi unha das mellores visitas! Anxo V. e Anxo M.


sábado, 26 de marzo de 2016

SEREAS DOS VENTOS! O NOSO HIMNO

Primeiro dous compañeiros traduciron a poesía das "Sereas dos ventos". A continuación o noso capitán imprimíunas e practicamos a pronunciación con Silvia. O Capitán fixo unha música para encuadrar a letra da canción. Practicamos o canto e o ritmo coa mestra de música. Este é o resultado final. Bárbara e Alejandro.


http://fabiangallie.esy.es/proxecto/files/himno/himno/himno.htm


sábado, 19 de marzo de 2016

ATRACAMOS EN PORTO UNS DÍAS

Meus oficias!
Levamos xa un longo traxecto percorrido. É hora de facer unha paradiña, descansar, divertirnos e deixar de lado o noso Mar que tan bravo se pon ás veces.
Para continuar a viaxe na procura do "gran tesouro" preciso que aproveitedes algúns momentos libres para traballar co mapa de España, tanto o fisico como o político e que sigades avanzando na aprendizaxe da vosa ortografía...estas son dùas indicación fundamentais para continuar a viaxe. Aqueles que consideren que deben darlle unha volta ás ultimas aprendizaxes poden facelo tamén.
Disfrutade estes dias, a última parte desta viaxe será máis dura.

jueves, 17 de marzo de 2016

PINTURA CON NERY
















Onte visitounos unha pintora chamada Nery. Deunos unha pequena charla sobre a pintura, sobre as cores ... Fomos para a clase de Inglés e estivemos pintando uns cadriños dunhas nenas. Quedaron moi bonitos.
Hugo e Sara

domingo, 13 de marzo de 2016

PARABÉNS AS GAÑADORAS DO CONCURSO "GRAZAS AVOA"

Todos os traballos presentados neste concurso eran moi bos, pero o xurado tivo que decantarse por algún. A nosa oficiala Laura Molinos foi a premiada do noso centro. Bravo a todos!