Hoxe Mateo tivo a amabilidade de vir ao cole para ensinarnos a contruir intrumentos musicais dixitais. Ensinounos como facer música con elementos dixitais, por exemplo altofalantes de radio, cables de crocodilo e un par de moedas. Fixemos 5 experimentos. Todos foronmoi divertidos! Durante unha hora e media traballamos a gusto. Ao final fixemos unha cadea humana e o primeiro e o último colleron un extremo do cable de crocodrilo e o altofante, máxicamente, sonou. Sin dúbida foi unha das mellores visitas! Anxo V. e Anxo M.
No hay comentarios:
Publicar un comentario