lunes, 27 de marzo de 2017

ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO

video

Os nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Mestre Valverde Mayo unímonos a esta causa! Rompe con nós as barreiras polo Autismo!



domingo, 19 de marzo de 2017

LENDAS DAS TRIBUS

Escribimos as lendas porque as estudamos no libro. A verdade e que foi unha actividade a mar de divertida. As lendas tiñan que ser inventadas aínda que tiñan que ter un parecido coa tribu correspondente. O que máis me gustou foi que fose en grupo. Anxo V.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/lendas/libro/index.html

domingo, 12 de marzo de 2017

NARRACIÓNS DOS NENOS DO MUNDO


http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/narracions/libro/index.html

Estas narracións están moi ben, recoméndovos lelas. EstaS historiaS trataN dun neno que cae no medio da nada cun paracaídas. Un membro de cada tribu  encontrao e  dende aí parten todas as aventuras. Sara

APRENDEMOS CON KAHOOT


Esta aplicación está moi ben; en vez  de estudar polo libro estudamos por Kahoot.  Aprendemos moito e facemos os nosos propios exames. A verdade que é moi divertida, rimos moito e  pasámolo moi ben. Alba

jueves, 2 de marzo de 2017

CHARLA: "AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA"

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/charlapantallas/xinzo/xinzo.htm
Na clase preparamos unha exposición do entroido de Xinzo de Limia. Cada un preparou unha parte e este é o resultado.Alba

jueves, 9 de febrero de 2017

POESÍA DAS TRIBUS

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/poesia/poesia%20tribus/index.html

Cada tribu fixo unha poesía en equipo sobre a súa cultura. Este é o resultado; escoitádeas; están moi bonitas .Carla

martes, 20 de diciembre de 2016

VOLTAMOS A CASA!!!

Voltamos a casa!...Despois de case catro meses aprendendo a vivir cada un na súa tribu, facemos unha paradiña para disfrutar das nosas familias e recuperar forzas para continuar.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/voltamosacasa/paron/paron.htm


martes, 6 de diciembre de 2016

FACEMOS OS NOSOS PROPIOS CONTROIS DE CIENCIAS NATURAIS

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/controlesciencias/libro/index.html
Lendo o periódico un mércores, coma sempre, atopamos unha nova sobre os exámes, onde aparecía unha nova forma de aprender e por suposto probámola. Elaboramos os nosos propios controis dos temas de ciencias naturais. Despois fixémolos individualmente nunha plataforma chamada "Edmodo". Aqui tedes o resultado do noso traballo.

lunes, 5 de diciembre de 2016

SAÍDA Ó MONTE SANTA TEGRA

Hoxe fomos ao monte de Santa Tegra, onde vivían os Celtas. Ensináronos algúns restos de castros e da muralla. Logo fomos ao museo a ver as vasixas e outras ferramentas. Ao rematar fixemos unha peza de arxila que decoramos.



jueves, 10 de noviembre de 2016

BLOGS DO MUNDO

Estamos aprendendo a facer un Blog! Serán Blogs de tipo educativo onde subiremos actividades que nos poidan axudar para repasar e reforzar as cousas que facemos na clase. Esperamos que vos gusten e que lle saquedes o maior proveito. Atoparedes os nosos Blogs no lateral esquerdo deste Blog


martes, 25 de octubre de 2016

CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN CON BEA



 
Hoxe víu darnos unha charla Bea, representando a  Federación de Persoas xordas de Galicia. Contounos, na pizarra dixital, a historia de Iago, un rapaciño tamén xordo. Ao final disto aprendimos linguaxe de signos. Foi unha visita xenial porque xa a coñecíamos de hai dous ano. Encantóunos volver  vela e seguir aprendendo do mundo das persoas con deficit auditivo. Noemí

CONCURSO DE PORTADAS "As esquinas do mundo"

Nós os nenos e nenas de 6º  decidimos facer un magazine. Fixemos un concurso de portadas que resultaron moi bonitas. Cada un escolleu o material para elaboralo. Uns escolleron por exemplo cera, tiza, carboncillo ou plastilina e foi un concurso moi entretido. Hugo

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/concursocatroesquinas/concur/concur.htm


lunes, 24 de octubre de 2016

AS TRIBUS TAMÉN ENSINAN

A actividade de " As tribus tamén ensinan" é unha actividade onde os nenos e nenas ensinamos cousas da clase para que os demais poidan aprender cando o precisen. Pablo G.V.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/astribusensinan/libro/index.html

ESQUINAS DO MUNDO

Todos os mércores, a nós as ``tribus de 6º', chéganos a prensa.  Entón decidimos facer un ``magazine´´ chamado ``Esquinas do Mundo´´. Neste ``magazine´´ podemos aprender e darnos conta un pouco máis do que sucede no mundo enteiro. A actividade consiste en escoller unha nova interesante, debatímola e dous compañeiros levan a prensa para casa e fan un resumo dos datos máis importantes. Julia

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/esquinasdomundo/index.html

miércoles, 19 de octubre de 2016

APRENDEMOS A FACER RAÍCES CADRADAS CON PABLO L.


Hoxe expliqueilles ós meus compañeiros como se fai unha raíz cadrada inexacta. Supoño que o entenderon. Podedes ver o vídeo na actividade "As tribus tamén ensinan". Pablo L.


http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/astribusensinan/libro/index.html



martes, 11 de octubre de 2016

FALA O CHAMÁN

O noso Chamán mandounos unha carta porque o noso mundo non estaba a funcionar. Tivemos que buscar solución. Cada tribu escribiu unha carta. A parte da carta establecimos faltas e sancións. Buscamos solución entre todos para que todo funcione. Antía.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/falaochaman/index.html

lunes, 3 de octubre de 2016

PROBLEMAS NO MUNDO

Fixemos estes problemas coa ferramenta de autor lim. Cada tribu inventou os seus problemas e resolvéunos para obter o resultado correcto. Cada certo tempo renovaremos  e engadiremos novos problemas.Iker e Alejandro
http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/problemas/index.html

domingo, 2 de octubre de 2016

AS TRIBUS

Este traballo foi moi divertido; Aprendemos a montar video co programa OpenShot. Primeiro buscamos información, imaxes e música para o fondo con licencia Creative Commonds . Déunos moitos traballo gravar os audios porque os pcs non ían moi ben. Quedaron uns traballos moi vistosos. Aprendimos moitas cousas sobre cada tribu. Laura M. e Carla

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/tribus/index.html

jueves, 22 de septiembre de 2016

DESCRIBIMOS O NOSO CHAMÁN

O Chamán é o espiritu da clase. Decidimos facer a súa descripción para practicar. Todos o fixemos moi ben. Esta actividade gustóunos moito.O noso Chamán é único e máxico; ten poderes. Pode converter un día de Sol nun día de choiva. Podedes ler as nosas descripcións pinchando na imaxe do Chamán. Alba e Anxo V.

 http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/chaman/chaman.html

lunes, 12 de septiembre de 2016

DECORAMOS O NOSO NOVO MUNDO

        Hoxe decoramos a clase pintando cada  un, unha paixase e a personaxe da nosa tribu. Colaboramos todos facéndoo en equipo. No fondo da clase pintamos unha paixase de África no anoitecer, duns 5,50m de largo e 3m de alto. Aquí deixamos algunhas imaxes do noso traballo para decorar a clase de 6º.
Noemí e Laura A
Hoxe, mércores 14, xa comezamos a traballar.

      VER PRESENTACIÓN