6º CIENTÍFICOS E INVESTIGADORES
Páginas
sábado, 24 de junio de 2017
ENTRE BÁGOAS IREMOS, ADEUS!
Unha vez máis e entre todos, construimos este precioso poema para despedirnos desta bonita e longa viaxe.
PROXECTO RENOVA
O noso "Capital" ofrecéunos a cada unha das tribus a posibilidade de renovar a nosa tribu e mellorar a nosa calidade de vida. Tivemos que presentar un proxecto que elaboramos entre todos os membros da tribu. Conseguimos presentar a documentación dentro dos prazos e todos conseguimos o desaxado cheque de 100.000 Euros. Un traballo laborioso pero que mereceu a pena.
MAQUETAS
O longo de varios meses na hora de plástica traballamos na construcción de maquetas de cada unha das nosas tribus. Foi unha tarefa moi rica en todos os aspectos na que aprendemos a traballar e decidir en grupo, a aportar ideas e compartilas, a desarrollar a nosa imaxinación a fracasar e saber como resolver as dificultades...foi unha gran tarefa que todos disfrutamos.
SOÑAMOS CON SER MAIORES
Por un día soñamos con ser maiores, imaxinamos un futuro próximo, a nosa profesión, a nosa familia e a nosa forma de vida.
sábado, 10 de junio de 2017
lunes, 15 de mayo de 2017
ACOSO ESCOLAR?
O outro dia fixemos unhas enquisas e como os resultados non foron os que agardábamos decidimos poñernos en acción. Este é o resultado.
Laura M.
Laura M.
lunes, 27 de marzo de 2017
ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO
domingo, 19 de marzo de 2017
LENDAS DAS TRIBUS
Escribimos as lendas porque as estudamos no libro. A verdade e que foi unha actividade a mar de divertida. As lendas tiñan que ser inventadas aínda que tiñan que ter un parecido coa tribu correspondente. O que máis me gustou foi que fose en grupo. Anxo V.
jueves, 16 de marzo de 2017
domingo, 12 de marzo de 2017
NARRACIÓNS DOS NENOS DO MUNDO
Estas narracións están moi ben, recoméndovos lelas. EstaS historiaS trataN dun neno que cae no medio da nada cun paracaídas. Un membro de cada tribu encontrao e dende aí parten todas as aventuras. Sara
APRENDEMOS CON KAHOOT
Esta aplicación está moi ben; en vez de estudar polo libro estudamos por Kahoot. Aprendemos moito e facemos os nosos propios exames. A verdade que é moi divertida, rimos moito e pasámolo moi ben. Alba
jueves, 2 de marzo de 2017
CHARLA: "AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA"
Na clase preparamos unha exposición do entroido de Xinzo de Limia. Cada un preparou unha parte e este é o resultado.Alba
jueves, 9 de febrero de 2017
POESÍA DAS TRIBUS
Cada tribu fixo unha poesía en equipo sobre a súa cultura. Este é o resultado; escoitádeas; están moi bonitas .Carla
martes, 7 de febrero de 2017
lunes, 30 de enero de 2017
jueves, 12 de enero de 2017
martes, 20 de diciembre de 2016
VOLTAMOS A CASA!!!
Voltamos a casa!...Despois de case catro
meses aprendendo a vivir cada un na súa tribu, facemos unha paradiña
para disfrutar das nosas familias e recuperar forzas para continuar.
martes, 6 de diciembre de 2016
FACEMOS OS NOSOS PROPIOS CONTROIS DE CIENCIAS NATURAIS
Lendo o periódico un mércores, coma sempre, atopamos unha nova sobre os exámes, onde aparecía unha nova forma de aprender e por suposto probámola. Elaboramos os nosos propios controis dos temas de ciencias naturais. Despois fixémolos individualmente nunha plataforma chamada "Edmodo". Aqui tedes o resultado do noso traballo.
lunes, 5 de diciembre de 2016
SAÍDA Ó MONTE SANTA TEGRA
Hoxe fomos ao monte de Santa Tegra, onde vivían os Celtas. Ensináronos algúns restos de castros e da muralla. Logo fomos ao museo a ver as vasixas e outras ferramentas. Ao rematar fixemos unha peza de arxila que decoramos.
jueves, 17 de noviembre de 2016
jueves, 10 de noviembre de 2016
BLOGS DO MUNDO
Estamos aprendendo a facer un Blog! Serán Blogs de tipo educativo onde subiremos actividades que nos poidan axudar para repasar e reforzar as cousas que facemos na clase. Esperamos que vos gusten e que lle saquedes o maior proveito. Atoparedes os nosos Blogs no lateral esquerdo deste Blog
martes, 25 de octubre de 2016
CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN CON BEA
Hoxe víu darnos unha charla Bea, representando a Federación de Persoas xordas de Galicia. Contounos, na pizarra dixital, a historia de Iago, un rapaciño tamén xordo. Ao final disto aprendimos linguaxe de signos. Foi unha visita xenial porque xa a coñecíamos de hai dous ano. Encantóunos volver vela e seguir aprendendo do mundo das persoas con deficit auditivo. Noemí
CONCURSO DE PORTADAS "As esquinas do mundo"
Nós os nenos e nenas de 6º decidimos facer un magazine. Fixemos un concurso de portadas que resultaron moi bonitas. Cada un escolleu o material para elaboralo. Uns escolleron por exemplo cera, tiza, carboncillo ou plastilina e foi un concurso moi entretido. Hugo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)